Achégase
o día de Defuntos. En todas partes comezamos a ver cabazas que nos invitan a
celebrar o Halloween. Pero, atención!,
non é americano todo o que parece. Ata
hai cuarenta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas
datas, e a día de hoxe cada vez hai mais lugares nos que se está a recuperar
esta tradición na forma da festa do Samaín.
A
pouco que se pregunte ás persoas maiores de diferentes puntos da nosa xeografía
(Noia, Catoira, Cedeira, Muxía,Sanxenxo, Quiroga...) lembran que tamén era
habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles
un pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar ós viandantes.
Así
que o vindeiro mércores día 31
celebraremos o noso Samáin. Cabazas...
contos de medo... música... e “merenda de outono”. Contamos coa vosa
participación, non faltedes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario