Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Clausuramos o noso Outono fotográfico!

Foron máis de 120 fotografías, cos seus textos, coas súas explicacións. Un éxito e unha forma diferente de disfrutar das cores do noso Outono. Moitas grazas!

viernes, 18 de noviembre de 2011

Ao final, houbo Magosto!


Choveu, afumamos o colexio enteiro e tamén a algunha nai e avoa que estiveron axudándonos coas castañas. Pero ao final tivemos a nosa festa da Castaña.
Deixámosvos as fotos do 2º e do 3º ciclo, cando teñamos máis irémolas subindo. Esperamos que vos gusten.
Un saúdo dende o Equipo de dinamización da lingua galega.


magosto 11

lunes, 14 de noviembre de 2011

Pendentes do Magosto...

Pendentes do tempo... Así estamos para celebrar o noso Magosto.
O pasado venres 11, día de San Martiño, tivemos que aprazar a nosa festa da castaña. Así que estade atentos á predicción do tempo. En canto veña sol, aí estaremos!


martes, 8 de noviembre de 2011

E ti por que les?


Hoxe queremos mostrarvos unha magnífica iniciativa que se está a desenvolver dende o Equipo de Biblioteca: “ E ti por que les?


Cada mes teremos un novo protagonista que nos animará a coller un bo libro, sen medo a perderse nas súas historias e aventuras.
Estade atentos!

jueves, 3 de noviembre de 2011

As fotos do Samaín!

Pois aquí están as fotos do noso Samaín!

Samaín 2011
Este ano tivemos mais contos de medo que nunca, moita música e unha deliciosa merenda de outono.
As cabazas estaban incribles, houbo unha participación moi boa, e viñeron moitas familias. Así que foi un gran día; que rematou coma rematan as mellores festas: cantando todos xuntos!

Esperamos que vos gusten as fotos.

Un saúdo dende o Equipo de normalización lingüística.