Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

jueves, 19 de junio de 2014

Fin de curso!



Pois ata aquí chegamos! Mañá acábase este curso 2013/14 e daremos paso a unhas vacacións que ben vos merecedes. Confiamos en que o verán vos traía moitas xornadas de diversión, que aproveitedes o tempo de lecer para xogar na praia, no campo ou onde mais vos guste. Deixemos un pouco de lado as pantallas e busquemos a compaña dun bo libro, que nunca nos fallará; e vémonos en setembro!  Seguro que vos vemos moito mais crecidos...
Deixámosvos coas fotos do festival de fin de curso; emocionante, trepidante, divertido e emotivo. Agora só falta que vos gusten. Veña, unha aperta dende o Equipo de dinamización da lingua galega e, xa sabedes, a disfrutar do verán!


martes, 17 de junio de 2014

Revista Buxaina!

Xa temos publicada o número deste ano da nosa revista Buxaina! E imos xa, polo número 27. Aquí tedes unha pequena revisión do que foron estes meses de curso, de traballo e celebracións; e a despedida dos alumnos de sexto, que se nos marchan para o instituto.

Esperamos que vos guste, e recordade que está dispoñible a súa descarga.
Un saúdo dende o EDLG

(Editado: temos que pedir desculpas, quedáranos sen subir a colaboración dos alumnos de 1ºB, agora xa está arranxado)

miércoles, 4 de junio de 2014

Excursión de fin de curso!



Como pasa o tempo... mais rápido do que algúns desexaríamos, pero xa estamos nos últimos días deste curso, e con eles chegou a nosa excursión: unha xornada de convivencia entre todos nós, de contacto coa natureza, de xogos e de recordar como se vivía non fai tanto tempo, coas visitas á Casa do Patrón, en Lalín.

Deixámosvos algunhas fotos, moi centradas no grupo de segundo, sabémolo, pero tentaremos ir subindo as demais nos vindeiros días. Polo momento, aquí tedes un avance.

lunes, 2 de junio de 2014

O noso Himno

Un día de domingo pola tarde, mentres faciamos a venta dos produtos da cooperativa, escoitando o Himno Galego interpretado pola Banda de Meaño, ocorréuseme comentarlles aos de 5º e 6º, se sabían o noso Himno. Apostáronme unha pelota
para xogar nos recreos, e… así foi.
                               ...... Arriba respiramos, abaixo empezamos! -dixo Álvaro. 


Balón apostado, balón comprado!
Sodes os mellores!
Unha aperta.
O Dire.