Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

domingo, 23 de noviembre de 2014

Carreira Campo a Través

Este venres, tocou deporte! Os alumnos de 4º, 5º e 6º participaron nunha xornada de atletismo xunto a outros rapaces e rapazas da zona do Salnés. Foi unha gran mañá: bo tempo, moita xente coñecida e un lugar idóneo para facer unha carreira Campo a través, a antigua azucareira de Portas.
Deixámosvos unhas cantas fotos, dos participantes, do noso medallista (a ver se o atopades!) e incluso algún infiltrado que xa anda polo instituto.
Un saúdo e a seguir con estes hábitos saúdables!


martes, 18 de noviembre de 2014

NAVEGA CON RUMBO

Deixámosvos unha información que consideramos de interese: unha proposta do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia. Para que todos sepamos facer un uso responsable das novas tecnoloxías e sacarlle o máximo partido. 




http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/index.html

domingo, 16 de noviembre de 2014

Magosto con auga...


Pois si, o venres tivemos un magosto un pouco pasado por auga, pero a pesares da chuvia tivemos unha gran xornada de xogos e castañas:
Os xogos puideron ir adiante nas zonas cubertas, as castañas fixéronse sen contratempo e bastantes familias puideron vir a participar desta xornada de festa. O mellor? Ver como os avós e avoas son os que mellor saben tirar na Chave ou facer rodar os aros metálicos. O ano que ven, repetimos, non?

(Deixámosvos algúnhas fotos sacadas co móbil, saúdos!)

miércoles, 5 de noviembre de 2014

Ollos de aula nº 17

Pois xa temos un novo exemplar da Revista "Ollos de aula", realizada pola coordinadora de ENDL. Información de interese para todas as familias. Saúdos!

sábado, 1 de noviembre de 2014

A festa do Samaín



Pois si, atrás quedou a nosa festa do Samaín. Pensamos que foi unha moi boa xornada: cunha “aula do medo” na que puideron contar as súas arrepiantes historias, unha magnífica exposición de cabazas,  a merenda de outono chea de doces exquisitos e música, cantigas para rematar unha festa como lle corresponde.
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración e participación, esperamos que vos gustara esta celebración tanto coma a nós. Agora deixámosvos unha cantas fotos, sabedes que é moi difícil que saía todo o mundo, pero quédanos un bo recordo. Vémonos no Magosto!



E un pouco de música para acompañar as fotos