Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

jueves, 27 de diciembre de 2012

Festival de Nadal


Pois aquí estamos coas fotos do noso festival. A pesares de no ter as instalacións mais axeitados creemos que resultou un bastante ben; os alumnos demostraron o ben que saben vivir o Nadal e, por sorte, viñeron moitas familias.
Como ben sabedes, gustaríanos ter sacado a todo o mundo nas fotos pero é imposible. Deixámosvos unha mostra do que foi a festa e esperamos que vos gusten tanto coma a nós.
Feliz Aninovo a todos e todas!

sábado, 22 de diciembre de 2012

Mini e Mero



Dous grandes artistas, músicos, poetas e mestres da nosa cultura. Membros de “Fuxan os Ventos” e actuais compoñentes de “A Quenlla” compartiron unha xornada incrible con todos nós.

O día 19 recitamos a Celso Emilio, cantamos “A sementeira”, “Irmaus”, “O carro” … contamos coa colaboración especial de Tino Baz…  Emoción, sentimentos, moita música e, agora, os recordos dunha festa da cultura escrita coa nosa letra.

Felices Festas!

viernes, 14 de diciembre de 2012

#RecitandoCelsoemiliO!



O día 12, do 12, ás 12 foi a data sinalada na que mais trinta e mil alumnos de toda Galicia recordaron a figura de Celso Emilio Ferreiro.




No 50 aniversario da publicación de “Longa noite de pedra” o noso alumnado quixo participar deste recitado: ilustrando a súa figura, lendo “Deitado frente ao mar”, “Irmaus”, “Moraima”... Unha celebración da nosa cultura, da nosa lingua e da enerxía que teñen as palabras cando van en forma de poesía.




martes, 11 de diciembre de 2012

Rematando o Outono...


E queremos darvos as grazas pola vosa colaboración nesta edición do “Outono fotográfico”.


Cada ano hai unha maior participación nesta actividade: fotos, poemas, murais... fixeron da nosa entrada un lugar moito mais acolledor. Esperamos que vos gustara tanto coma a nós.
Grazas!

lunes, 3 de diciembre de 2012

RecitandoCelsoemiliO

O día 12, do 12 ás 12 faremos un recitado público do poema Deitado fronte ao mar de Celso Emilio Ferreiro, publicado inicialmente no libro Longa noite de pedra (1962). No centenario do nacemento deste poeta celanovés desexamos renderlle unha homonaxe que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra. Un compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia. Esperámosvos!

Deitado frente ao mar I from Seso Durán on Vimeo.