Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

martes, 5 de marzo de 2013

Ollos de aula

Ollos de aula. Nº 5. Versión para imprimir en A4 a dobre cara by cendl

Xa temos un novo número da revista escolar “Ollos de aula”. Coma sempre, información de calidade do ensino galego. Neste número, claves para entender o plurilingüísmo, “aprobar ou aprender”... Dispoñible tamén na entrada do colexio.

lunes, 4 de marzo de 2013

8 de maio, Día da muller traballadora



Este venres, día 8, é do Día internacional da muller traballadora. Un día de reivindicación pola igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida: social, laboral e político.
Para que esta igualdade sexa efectiva debemos facer unha educación en valores de igualdade e non sexista. Dende o CEIP As Covas, a nosa homenaxe a todas as mulleres traballadoras de Meaño.