Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

miércoles, 19 de marzo de 2014

Rosalía na escola

O 24 de febreiro celebrouse o nacemento de Rosalía de Castro, chovía a mares é decidimos pospoñer a nosa homenaxe.
O día 21 de marzo, día do libro, comeza a primavera. Que mellor día para facerlle esa homenaxe pendente.


Todas e todos somos Rosalía, levámola dentro da nosa conciencia, dentro da nosa fala, por iso , agora máis que nunca: "Tod@s somos Rosalía".

Ollade as imaxes onde resumimos o proceso do traballo iniciado polos nosos alumnos e alumnas e feito e rematado  por Guada, que todo corazón decidiu poñer o seu arte para deixar na memoria da nosa escola e de todas e todos nós este anaco de Rosalía que perdurará para sempre no noso corazón.





Grazas!!!

Rosalía en todas partes

Un é do vídeo en galego e inglés que fixo Xela Cuñarro Otero, unha compañeira, xornalista e profesora nova, moi competente, chea de ilusión e ánimo, que estes tempos que vivimos levaron a que estea desenvolvendo a súa laboura nun colexio en Irlanda.




Tamén o vídeo da Alborada de Rosalía no que participamos a gran maioría de centros do Morrazo. 



jueves, 6 de marzo de 2014

Imaxes e vídeos do noso Entroido 2014

Peliqueiros e Pantallas,
Volantes de Chantada 

e máscaras venecianas,

entroido andaluz e oriental

coa Chirigota de Meaño, 
perfectamente xenial!




Entroido 2014

Este ano na escola, fixemos un Volante de Chantada, para seguir coa tradición de recuperar as figuras do Entroido Tradicional Galego. Xunto co Volante de Chantada, visitáronnos o Peliqueiro de Laza e a Pantalla de Xinzo da Limia. 


Xa estamos a pensar no do vindeiro ano.
Grazas aos tres: Jorge, José e Rafa