Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

miércoles, 22 de mayo de 2013

Magnífica xornada!



O pasado mércores 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas. Recordamos a Roberto Vidal Bolaño, artífice de que teñamos un teñamos un teatro galego propio, e compartimos con Luz Fandiño unha xornada na que se falou deste autor e tamén da poesía e dos contos. Houbo teatro e música, coma sempre!
Unha magnífica xornada onde as letras galegas tiveron a súa merecida homenaxe.

lunes, 13 de mayo de 2013

O 15 de maio ven Luz Fandiño!

Xa estamos de cheo na nosa semana Das Letras Galegos: hoxe teatro, mañá recitado de poemas e, o mércores, xornada especial! Faremos adaptacións das obras de Roberto Vidal Bolaño e contaremos coa visita de Luz Fandiño: poetisa, amiga de Roberto, e gran defensora da nosa lingua.

Personaxes das historias de medo na nasa cultura popular.

Traballazo perfecto da cultura popular do medo na nosa terra. Grazas por este resumo!

miércoles, 8 de mayo de 2013

Ollos de aula nº 7



Deixámosvos o novo número da revista “Ollos de Aula”: Roberto Vidal Bolaño, artigos sobre cando comprarlle o móbil aos vosos fillos... axenda cultural...
Esperamos que vos guste,
Saúdos dende o EDLG.

Ollos de aula. Nº 7 by cendl

Roberto Vidal Bolaño



Roberto Vidal Bolaño

Este vindeiro 17 de maio celebramos o noso Día das Letras Galegas. Este ano dedícase ao dramaturgo Roberto Vidal Bolaño (1950 – 2002) autor clave na creación dun teatro galego propio.
Dende o CEIP As Covas de Meaño recordaremos durante toda esta semana a súa figura e a importancia que ten o teatro dentro do noso eido cultural.


miércoles, 1 de mayo de 2013

Xa temos o Maio



Pois no día de onte celebramos o noso Maio. Todo o mundo colaborou; agradecemos as familias por traernos tanto fiúncho e pampullos, dende 3 anos ata sexto estiveron facendo cadeas e coroas. Unha xornada de convivencia e traballo artesá que concluíu cantando a nosa copla do Maio. Deixámosvos unhas fotos que esperamos que vos gusten.
Un saúdo, o Equipo de dinamización da lingua galega.