Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

martes, 27 de marzo de 2012

LinguaGalega.TV


Hoxe presentámosvos un novo espazo web:


Unha iniciativa que parte co fin de promover e difundir a lingua galega. Atoparemos contidos televisivos que acheguen a cultura galega así como o uso e coñecemento da nosa lingua. 
Teñen vídeos sobre o Galego na música, na poesía ou no cine.

Esperamos que vos guste!



Promo da nosa canle from Lingua Galega TV on Vimeo.

martes, 20 de marzo de 2012

Dia Mundial da Poesía








Mañá celebraremos o Día Mundial da Poesía. Fagamos deste día un tempo de reflexión sobre o poder da linguaxe e da creatividade de cada persoa.

Non faltará a lectura de poesías, traballos colectivos de composición e achegarémonos aos grandes autores.

Unha xornada para celebrar o arte da poesía e da chegada da primavera.

martes, 6 de marzo de 2012

Mulleres e ciencia en Galicia

E non podemos esquecer a presenza das mulleres no mundo das ciencias. Deixámosvos un enlace da páxina www.culturagalega.org onde tedes moita información acerca do papel que teñen realizado as mulleres pioneiras na investigación e no ámbito universitario. Esperamos que vos guste,

Mulleres e ciencia en Galicia

Mulleres galegas

Como xa vos comentamos este 8 de marzo queremos facer do Día da Muller Traballadora unha xornada de reivindicación.
No noso país, as mulleres asumiron a gran responsabilidade de coidar, alimentar e traballar polas súas familias. Un papel que sempre debemos recoñecer e agradecer.
Dende o IES Luís Seone elaboraron un magnífico traballo que presenta as terribles condicións de traballo de todas estas mulleres. Toda un lección para estes novos tempos.


jueves, 1 de marzo de 2012

8 de marzo, Día da Muller Traballadora

O próximo 8 de marzo celebrámolo Día Internacional da Muller, coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora. É unha xornada que se celebran en todo o mundo, conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países.

A razón deste día está na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.

Deixámosvos un pequeno conto que ilustra unha situación que era bastante frecuente non hai moitos anos, esperamos que vos guste: