Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

viernes, 29 de mayo de 2015

Revisando o curso...

Pois xa nos asoma o mes de xuño e comezamos a revisar algunhas das actividades realizadas durante este curso.
Comezamos polo Proxecto Xogade, unha actividade realizada dende a área de EF, coa que se tentou potenciar a práctica de actividade física saudable dentro dun amplo proxecto de valores educativos e competencias básicas.

Deixámosvos unhas poucas fotos destas actividades, esperamos que vos gusten!
Un saúdo dende o EDLG


viernes, 15 de mayo de 2015

Celebrando As Letras Galegas...

...No CEIP de Meaño As Covas! Pois si, porque aínda que todos os días temos bos motivos para celebrar o viva que está a nosa lingua. Nesta semana dedicámoslle unha especial atención: recordando os libros preferidos que se tiveron lido... Cunha sesión de contacontos entre o noso alumnado... Con xogos tradicionais galegos... e con música!

Gran xornada a de hoxe, ruta ata os muíños de Lores, xogos, merenda e actuación de Ce orquesta pantasma!
Deixámosvos unhas coleccións de fotos destas dúas xornadas. Esperamos que vos gusten e se considerades que algunha non debería de estar ahí, pois nos avisades e se retira da galería rapidamente.
Un saúdo, e feliz 17 de Maio!

jueves, 14 de mayo de 2015

Novo número de "Ollos de aula"

Pois xa está con nós o exemplar de Maio da Revista Ollos de Aula: "17 cousas que podemos facer pola lingua". Que título mais apropiados para estas datas, non?

Esperamos que vos guste, saúdos!


miércoles, 13 de mayo de 2015

17 de Maio!

Día das Letras Galegas!



O 17 de maio presume e comparte from ProductoraAudiovisual CanalArtes on Vimeo.

Como ven sabedes, a celebración comenzará no día de mañá; facendo lecturas dos contos que mais lle teñen gustado aos vosos fillos neste curso.
E o venres... Día grande: marcha aos Muíños de Lores, xogos populares e actuación de Ce Orquesta Pantasma.

Estades convidados, vémonos nos Muíños!

Un saúdo dende o EDLG.

lunes, 4 de mayo de 2015

Celebrámolos Maios

Pois si, ata o tempo acompañou. Unha xornada de celebración floral e da chegada da primavera, onde as coplas puxeron a crítica necesaria e as claves o ritmo para cantalas.

Deixámosvos unhas fotos do que foi o transcurso da mañá e da celebración en si.
(Coma sempre: se pensades que hai algunha foto que non debería estar no blog, nos avisades e se quita sen problema). Saúdos dende o EDLG!