Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

jueves, 21 de noviembre de 2013

viernes, 15 de noviembre de 2013

As fotos do Magosto!

Pois xa temos algunhas das fotos deste gran día!
Estaredes de acordo con nós en que foi unha gran xornada; moitos xogos, bo tempo, castañas e a colaboración de moitas familias que participaron dos xogos e deste Magosto.
Para os que non puideron vir, aquí tedes algunhas fotos, saúdos dende o EDLG.


jueves, 7 de noviembre de 2013

O martes... Magosto!

Pois aproveitando que este martes 12 non esperamos choiva e que pasamos o San Martiño que mellor opción que traer castañas e desfrutar dunha xornada de Magosto. Estades todos a participar, da castañada e do noso circuito de Xogos Populares. Esperámosvos despois do recreo!



E para ir ambientando co outono, aquí tedes unha escolma de refráns realiazada polo CEIP de Esteiro en Ferrol.


martes, 5 de noviembre de 2013

Outono fotográfico



Non vos esquezades de que estamos realizando o noso “V Outono fotográfico”.

Estades todos invitados a participar, non perdades a oportunidade de ensinarnos a vosa mirada desta fermosa época do ano.