Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

sábado, 21 de marzo de 2015

Feliz día da Poesía!

Claro que si! Hoxe é 21 de marzo, e a UNESCO invítanos a celebrar este Día mundial da poesía. Reflexionando sobre o poder das palabras, cando se xuntan nunha linguaxe poética que fomentan a creatividade e alimentan a nosa sensibilidade.
E iso foi o que fixemos o xoves, fomentar a tradición oral e a linguaxe como expresión artística, coa axuda da escritora, e magnífica contacontos, Paula Carballeira. Unha xornada moi intensa, educativa e divertida coma poucas.
Deixámosvos unhas fotos, unha pequena mostra do que foi o encontro con ela. Esperamos que vos gusten, que vexades un pouco o que foi esta xornada e, xa sabedes, se pensades que hai algunha foto que non debería de estar, polo motivo que sexa, non dubidedes en mandarnos unha mensaxe e se retirará rapidamente.
Saúdos normalizadores dende o EDLG!


lunes, 16 de marzo de 2015

Paula Carballeira ven a visitarnos!

Pois si, este xoves, para celebrar o día da Poesía, e para concluír este proxecto de traballo que levamos realizando dende novembro teremos a visita desta magnífica escritora. Toda unha sorte contar con esta visita!
(Vos manteremos informados...)

sábado, 7 de marzo de 2015

Día da Muller Traballadora

Coma todos os 8 de marzo, no CEIP de Meaño As Covas, non podíamos esquecer a celebración deste día; o día da Muller Traballadora:

Temos avanzado moito na igualdade efectiva entre homes e mulleres, pero a nosa sociedade aínda ten camiño por percorrer, coma na conciliación da vida laboral e familiar ou mesmo nos tempos que se lle dedican nos medios de comunicación. E por esta liña foi a actividade que desenvolvimos onte a ultima hora.

Aproveitando as agrupacións xa organizadas para o Día da Paz, levouse a cabo unha actividade entre os diferentes cursos, co fin de sensibilizar e mostrar roles que as mulleres desempeñan e que habitualmente non aparecen reflectidas nos medios de comunicación: grandes deportistas, investigadora, directivas de distintas empresas ou mesmo drixentes políticas nos diferentes gobernos.
Deixámosvos algunhas fotos desta celebración,
Un saúdo dende o EDLG.


martes, 3 de marzo de 2015

Salón do libro


Pois xa está en marcha unha nova edición do Salón do libro que se ven celebrando en Pontevedra dende o 27 de febreiro ao 28 de marzo.
Este ano a súa XVI edición está dedicada “da ciencia á ficción”

"A ciencia, a lóxica, a explicación racional a feitos incribles: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc.
As matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física e a química,... esclarecen feitos obxectivos e observables que inspiraron grandes historias de ficción. Historias, que chegaron e chegarán a converterse en realidade grazas á ciencia.
Falamos de ciencia, de ficción, e da delgada liña que as separa”.

Xa sabedes, se queredes pasar un bo rato no mundo da literatura non debedes perder a ocasión: hai moito que ver e ler!


Día de Rosalía

Rosalía de Castro, el 'doodle' del día de Google.
O pasado martes día 24 celebramos o Día de Rosalía, autora clave na nosa literatura e que nacera un día 24 de febreiro do ano 1837.
Precursora do Romanticismo, muller adiantada ao seu tempo, escritora comprometida coa pobreza do campesiñado galego e figura clave na recuperación da nosa conciencia cultural.


Deixámosvos cun dos seus mellores poemas: “Negra sombra”