Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

lunes, 27 de febrero de 2012

Fotos do Entroido!

Despois dos dous vídeos que puxemos do Entroido, agora vos queda unha pequena galería de fotos onde veredes algúns dos momentos do pasado venres 17, o día grande da nosa festa.
Esperamos que vos gusten: saíron moi guapos e moi guapas. E non esquecemos o mais importante; que esta foi unha gran xornada de convivencia, de celebración para todos e de moita diversión.

Un saúdo,


Entroido "As Covas" 2012

martes, 14 de febrero de 2012

Coidado con Peliqueiro!


Coidado que ven o Peliqueiro! Chegado de terras ourensás, un Peliqueiro (ou Piliqueiro) de Laza anda pola escola, azoutando co seu látego aos que non traballan, aos que berran e mesmo aos que ensinan! 

Así que xa sabedes, andade con coidado porque neste Entroido nin recortes, nin crise, festa para todos e todas! E senón mirade as fotos de embaixo…


Peliqueiro

jueves, 9 de febrero de 2012

Chegou o Entroido!


Chegou o Entroido!



Coma en anos pasados, o luns teremos ao noso “Mandadiño” que dende a entrada iranos dicindo como hai que vir vestidos durante estes días. Ao estar traballando o tema do “Universo” haberá que botarlle un pouco máis de imaxinación, usando diversos materiais para a vestimenta.
Esperamos que vos guste a nosa proposta e que participedes da troula destes días. Un saúdo, 
 
LUNS: “Lúa prateada, pinta na cara unha flor colorada
MARTES: “Marte vermello, trae na cabeza un chapeu vello
MÉRCORES: “Mercurio é mediano, ata na cabeza un pano!
XOVES: “Xúpiter é moi grande, trae moita barriga para non ter fame”.

viernes, 3 de febrero de 2012

Chega o Entroido...

Pois xa temos próximo o Entroido!
A semana do 13 ao 17 deste mes estaremos un pouco galácticos de mais; xa que dende a biblioteca estamos a traballar un proxecto sobre o Sistema Solar, os planetas e ao espazo exterior.

Infantil e 1º ciclo serán os nosos extraterrestres, dende 2º ciclo chegarán planetas, estrelas, lúas e algún que outro astrónomo e astrónoma. E a comparsa de astronautas virá dende 3º ciclo.

Comparsas, merendas... e moita Festa! (Seguide atentos...)