Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

miércoles, 15 de febrero de 2017

Día da Paz 2017



Este ano polo Día da Paz no CEIP As Covas tivemos unha visita moi especial, nada máis e nada menos que a Anxo Moure, "O Carballo con Botas".

Este contacontos das terras de Chantada chegou ao noso cole para deixarnos unha mensaxe de paz, amor e respecto.

Que vivan os contos, que fuxan as guerras.



domingo, 8 de enero de 2017

Cantamos as xaneiras!

O Nadal xa rematou e toca voltar á escola... eso sí cheíños de comer doces, de agasallos e coas pilas cargadas para un 2017 repleto de novas actividades!

Pero antes compre recordar como rematamos o 2016...cantando as xaneiras!

https://www.youtube.com/watch?v=FoXDC6zaRM4  [VIDEO YOUTUBE]

Dende o CEIP As Covas queremos agradecer a colaboración de alumnos, familias, veciños e a todos e todas os que colaboraron en manter esta tradición.

Moitas grazas e feliz ano!


viernes, 25 de noviembre de 2016

DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Hoxe, 25 de novembro, as nenas, nenos, nais, pais, profesoras e profesores do CEIP As Covas reunímonos para conmemorar o Día Mundial Contra a Violencia de Xénero.

Con este acto e esta pancarta queremos dicir que...

Ningunha persoa ten dereito a:

- Agredir a outra persoa, nin física nin psicolóxicamente.
- A forzar a ninguén a facer algo que non quere.
- A discriminar a ningunha persoa por mor do seu xénero.

Todas as persoas temos dereito a:

- Vivir unha vida libre sen abuso de poder.
- A contalo, cando sean vítimas de violencia ou abusos.
- A buscar apois e pedir axuda.
- A sentir e expresar medo, rabia, tristeza ou alegría.

Por último, queremos manifestar o noso compromiso de traballar para combatir a violencia contra as mulleres e calquer outro tipo de violencia.

NIN UNHA MENOS!!!

Magosto 2016




O día 11 de novembro celebramos o Magosto no CEIP As Covas.

Foi unha xornada chea de diversión, xogos populares e o máis importante, CASTAÑAS!!!

Grazas a todos os asistentes pola vosa participación, pola axuda asando as castañas e por ensinarnos que sempre se pode ser neno. 

Ata o ano que ven!





miércoles, 2 de noviembre de 2016

Samaín 2016

Pasou o días, pasou a romaría!

Despedimos xa o Samaín 2016, non sen antes agradecer a familias e alumn@s os riquísimos doces que achegastes e o traballo coas cabazas. Auténticas obras de arte!

Agardámosvos dentro de ben pouquiño co Magosto 2016!

Moitas grazas.

O EDNL

sábado, 8 de octubre de 2016

8º Outono Fotográfico



Ven onda nós o outono
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas,
estreando friaxe.

Ana Mª Fernández.”Ondas de verde e azul”.

Pois sí, o Outono do 2016 xa está connosco e para quedarse unha boa tempada.

 Xa comezamos a ver algunhas follas das árbores no chan ou como o as cores das nosas paisaxes mudan a tonos avermellados e amarelos.  Por outra banda, en canto comece o frío e se acurten os días, algúns animáis comezarán a migrar a sitios máis quentiños e outros a hibernar.  

No CEIP As Covas, pola contra, non temos pensado movernos de Meaño nin botar un soneca. Todo o contrario!

Por octavo ano consecutivo  comezamos co “Outono Fotográfico” e gustaríanos moito que sairades ao monte e nos trouxerades fotos de recordo con descripcións das mesmas para facer unha exposición na entrada da escola.

Animádevos!

domingo, 2 de octubre de 2016

Comezamos!




Desta volta fixémonos de rogar un pouquiño, pero xa estamos aquí!

Un novo curso 2016-17 comeza, e con el, unha morea de actividades para seguir dándolle á lingua. Á nosa lingua.

Este ano entraremos de cabeza na Televisión e demostraremos que no CEIP As Covas a "caixa tonta" é máis lista que un allo! Así que lembrade... non cambiedes de canle!

Sáudos e feliz comezo de curso!

miércoles, 22 de junio de 2016

Felices Vacacións!


Pois si, chegou o verán e tamén as merecidas vacacións!
 
Dende o blog do Equipo de dinamización da lingua galega quixéramos darvos as grazas pola vosa colaboración, na organización de todas as actividades que se foron desenvolvendo a longo do curso e polo voso apoio.

Pero, sobre todo, pola gran labor que facedes na defensa da nosa lingua. Son moitas as cualidades que teñen os alumnos e alumnas do CEIP de Meaño As Covas, pero unha moi, moi especial é o ben que soa escoitalos falar en Galego; tamén en Castelán, e Inglés, e... pero esa primeira lingua que levan empeza a ser un tesouro que entre todos debemos mimar.

Así que moito verán, mais ocio activo e a gozar destas semanas sen os horarios que o tempo de escola acaba impoñendo.
E non moito mais; pola miña parte despedirme, foi un pracer compartir estes anos que me deron moi bos recordos e que, sen dúbida, tamén me fixeron crecer como persoa. Unha aperta e ata sempre!
Pedro.