Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

jueves, 28 de enero de 2016

Achégase o Entroido...


Estimadas familias, a semana que ven chega o Entroido ao noso colexio; sendo o venres 5 o día grande desta celebración.
 
O luns comezaremos co noso “Mandadiño” que iranos dicindo como hai que vir vestidos durante estes días. Recordade que son sempre ideas abertas e que o importante é participar da troula destas datas.

 
LUNS: “O luns, como a Gioconda, trae unha melena longa
MARTES: “O martes de Frida Khalo, trae flores no peiteado”
MÉRCORES: “ O mércores toca A última cea, así que trae a barriga chea
XOVES: “E o xoves facemos un repaso... pinta na cara un Picasso


 

jueves, 14 de enero de 2016

Digalego.com

Comezamos o ano cunha boa noticia para a nosa lingua: Despois do dicionario da Real Academia Galega xa contamos cun novo recurso, o Dicionario de Galego que pon en servicio a Xunta de Galicia a través da web http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php


Un valioso recurso, xa que ademais dos contidos léxicos poderedes atopar funcións de sinónimos, equivalencias con outras linguas ou mesmo acceso ás formas incorrectas. Vamos, unha excelente ferramenta para difundir a nosa riqueza lingüística e cultural. 

Un saúdo, dende o Equipo de dinamización da lingua galega.