Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

jueves, 25 de octubre de 2012

Poemas de peto


O Equipo de Dinamización da Lingua presenta unha colleitas de poemas fermosos na nosa lingua, de diversos autores, pero con unha dozura inmensa. Cada mes darémosvos unha nova entrega. Deste xeito recuperamos unha parte da nosa cultura, a poesía, que ao tempo co cantigueiro de peto, podemos dispoñer dunha recopilación moi importante.

Desexámos que sexa do voso agrado.

lunes, 22 de octubre de 2012

Samaín



Achégase o día de Defuntos. En todas partes comezamos a ver cabazas que nos invitan a celebrar o Halloween.  Pero, atención!, non é americano todo o que parece. Ata hai cuarenta anos por moitas aldeas de Galicia tallábanse cabazas por estas datas, e a día de hoxe cada vez hai mais lugares nos que se está a recuperar esta tradición na forma da festa do Samaín.

A pouco que se pregunte ás persoas maiores de diferentes puntos da nosa xeografía (Noia, Catoira, Cedeira, Muxía,Sanxenxo, Quiroga...) lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles un pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar ós viandantes.

Así que o vindeiro mércores día 31 celebraremos o noso Samáin. Cabazas... contos de medo... música... e “merenda de outono”. Contamos coa vosa participación, non faltedes!

viernes, 19 de octubre de 2012

Celso Emilio Ferreiro



Neste ano 2012 temos unha data memorable para a nosa cultura. Cúmprense 100 anos do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, o poeta galego que elevou as nosas letras ao máis alto nivel dentro e fóra das nosas fronteiras. 






É o poeta civil, a voz do pobo, que cos seus versos directos guiou e inspirou autores posteriores e puxo letra á Nova Canción Galega de protesta.

Deixámosvos “Longa noite de Pedra” unha dos seus máis afamados poemas:

O teito é de pedra
De pedra son os muros
i as tebras
De pedra o chan
i as reixas
As portas,
as cadeas,
o aire,
as fenestras,
as olladas,
son de pedra
Os corazós dos homes
que ao lonxe espreitan,
feitos están
tamén
de pedra LONGA NOITE DE PEDRA
El techo es de piedra
De piedra son los muros
y las tinieblas
De piedra el piso
y las rejas
Las puertas,
las cadenas,
el aire,
las ventanas,
las miradas,
son de piedra (…)

martes, 9 de octubre de 2012

Outono fotográfico




Xa chegou a cita co noso “Outono fotográfico”.
 
Nesta 4º edición seguimos co desexo de fomentar a creatividade dos vosos fillos e fillas. Así que propoñemos que nos traiades fotos sobre esta época do ano e que estas imaxes veñan acompañadas dun pequeno texto, onde se conte porque se tomou ou mesmo cunha pequena poesía!
 
A actividade está aberta a todo o mundo (alumnado, familias, mestres…) e poderanse entregar no formato que se considere mais apropiado. Con todas elas faremos unha exposición na entrada do colexio, polo que deberán ir identificadas para saber de quen é cada foto.
Esperamos unha gran participación e aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo,

O equipo de dinamización da lingua galega.

jueves, 4 de octubre de 2012

Nova Revista

Pois xa temos unha nova revista de contido educativo: Ollos de aula.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos contribuir a que teñades información puntual sobre as novidades no ámbito educativo; libros, lexislación, propostas escolares...

Esperamos que esta cita mensual vos guste tanto coma a nós. Saúdos!