Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

lunes, 27 de octubre de 2014

O xoves Samaín!



O Xoves 30… ímolo pasar de MEDO!
Celebrámolo noso SAMAÍN:
Cabazas terroríficas…
Contos arrepiantes…
“Merenda de outono”
(e para rematar… todos a cantar!)

martes, 21 de octubre de 2014

6º Outono Fotográfico

“Ven onda nós o outono
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas,
estreando friaxe”.

 (ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais)

Estimadas familias, un ano mais, damos comezo ao noso “Outono fotográfico”:
Nesta, 6º edición mantemos o espírito de fomentar a creatividade dos vosos fillos e fillas. Así que propoñemos que nos traiades fotos sobre esta época do ano, e que estas veñan acompañadas dun pequeno texto onde se conte porque se tomou, que vos chamou a atención ou mesmo cun poema.
A actividade está aberta a toda a comunidade educativa (tanto alumnado, coma familiares e mestres) e poderanse entregar no formato que mais vos guste. Con todas elas farase unha exposición na entrada do colexio, polo que non vos esquezades de poñerlle o nome para saber de quen é cada foto.
Esperamos unha gran participación e aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo,


O equipo de dinamización da lingua galega.

lunes, 6 de octubre de 2014

E chegou o Outono!



Pois si, agora si que deixamos atrás ao verán. Chegaron as chuvias, os días acurtan, as árbores amarillean...  Pero non vos preocupedes, fora nostalxias, porque comezamos esta fermosa estación onde nos esperan moitas das nosas mellores actividades: Outono fotográfico, Samaín, Magosto, Xogos populares... E non vos esquezades, que esta é unha magnífica estación para ler: deixámovos cun pequeno poema. Esperamos que vos guste, saúdos!



“Ven onda nós o outono
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas,
estreando friaxe”.
 (ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais)