Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

lunes, 30 de enero de 2012

Día da Paz!


No día de hoxe celebrámolo Día da Paz. Unha xornada na que prestamos especial atención a un tema tan importante como o da educación en valores.
Puxemos os nosos mellores desexos nunha mensaxe que pedía Paz. Lemos poesías, e aprendemos que detrás do “Guernica”  hai unha triste ensinanza…
Pouco a pouco, e con accións como estas, pensamos que está nas nosas mans acadar unha sociedade menos violenta, mais xusta e respectuosa coas liberdades de cada un. 
Deixámosvos unha mostra dalgunhas imaxes desta xornada; xa sabedes, non estades todos e sentímolo moito… Esperamos que vos gusten!
día da paz

miércoles, 25 de enero de 2012

30 de xaneiro día da Paz

O vindeiro luns día 30 de xaneiro imos a celebrar o Día da Paz. Como sabedes, neste día recordamos o exemplo de Mahatma Gandhi e a súa mensaxe de Non-violencia.

Faremos un mural, os  de sexto presentarannos un pequeno manifesto e celebraremos que está nas nosas mans facer un mundo mellor, mais xusto e humano.

Deixámosvos unha recomendación de lecturas para traballar este tema da educación en valores, esperamos que vos gusten!

lunes, 23 de enero de 2012

As nosa cantigas. II Ven bailar Carmiña


Ven bailar Carmiña

 Ven bailar Carmiña,
Carmiña, Carmela,
con zapato branco,
e media de seda,
e media de seda
de seda calada,
ven bailar Carmiña,
miña namorada.
 
Os zapatos piden medias,
as medias piden zapatos ,
as raparigas bonitas
piden rapaciños guapos.
 
Ven bailar Carmiña,
Carmiña, Carmela,
con zapato branco,
e media de seda,
e media de seda
de seda calada,
ven bailar Carmiña,
miña namorada.

Meaño coa India

viernes, 20 de enero de 2012

A nosas cantigas I. A Rianxeira


A Rianxeira

A virxe de Guadalupe
cando vai pola ribeira, (bis)
descalciña pola area
parece unha rianxeira. (bis)
 Ondiñas veñen (bis)
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear.
A virxe de Guadalupe
cando vai para Rianxo, (bis)
a barquiña que a leva
era de pau de laranxo. (bis)
Ondiñas veñen (bis)
ondiñas veñen e van
non te embarques rianxeira
que te vas a marear. (bis)

martes, 10 de enero de 2012

A escola móvese

A nosa escola móvese grazas ao traballo de todas e todos nós!
Lembrade: "... na foto collemos tod@s"