Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

lunes, 30 de noviembre de 2015

Ata sempre Neira Vilas


O venres marchamos da escola coa triste noticia do falecemento de Xosé Neira Vilas. Magnífico escritor en tódolos xéneros literarios pero que debe da literatura xuvenil o seu mellor éxito: “Memorias dun neno labrego” (1961).

Ademais, como ben sabedes, xunto coa súa muller, Anisia Miranda, foron os padriños da nosa escola.
Déixanos unha celebridade literaria e unha referencia fundamental do panorama cultural galego.

Ata sempre, Neira Vilas!


Deixámosvos cun vídeo que lle fixo a profesora María na súa Fundación fai pouco mais dun mes. 
Non se esquecía de nós (...)


lunes, 23 de noviembre de 2015

Un magosto redondo!

Xornada incríble, con moitos xogos, bo tempo e gran cantidade de castañas para papar. Dende o Equipo de dinamización da lingua galega queremos darvos as grazas a todas as familias que participáchedes desta xornada, pola vosa colaboración (en especial a Natalia y Teodoro que remataron ben afumados) e por facer desta celebración unha gran festa.

lunes, 9 de noviembre de 2015

Mañá, magosto!

Estimadas familias, recordarvos que mañá celebraremos o noso magosto.
Precisaremos axuda para facer as castañas, algo de leña e disposición para xogar ao circuito de Xogos Populares que realizaremos a partires das 11:30. 
Estades todos convidados a participar da festa e a tomar castañas.
Un  cordial saúdo,


martes, 3 de noviembre de 2015

Parabéns Neira Vilas!



Xosé Neira Vilas, gran referencia da nosa narrativa está hoxe de aniversario. Dende o CEIP de Meaño As Covas queremos enviarlle unha forte aperta e desexarlle os nosos parabéns a este magnífico escritor e padriño do noso centro.