Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

lunes, 25 de abril de 2016

Peter Punk nas Covas

Hoxe, tivemos a fortuna de contar coa presenza dun artista moi especial no noso centro. Peter Punk, artista do mundo do clown que forma parte do colectivo pallasos en rebeldía que ven de traballar no campo de refuxiados de Idomeni.
Estivo con nós, para contarnos de primeira man o que está a suceder a non moita distancia de aquí, aos pés da nosa Europa. E tamén a compartir momentos de risas e diversión, como parte da linguaxe universal de todos os nenos e nenas.

Deixámosvos algunhas fotos da xornada. Coma sempre, o noso recordatorio de que si vedes algunha foto que non debería de estar subida polo motivo que sexa, avisádenos que se quitará da galería sen problema.
Un saúdo e esperamos que vos gusten.


23 de abril, Día do Libro

O pasado venres celebramos o Día do libro da mellor maneira que sabemos: Contando contos:


Houbo unha espiral de experiencias lectoras, contos entre maiores e pequenos e intercambios de libros. Toda unha xornada de encontros diante dos nosos libros.
(En breve subiremos as fotos da actividade, saúdos!)

lunes, 4 de abril de 2016

Abril mes dos libros

Comezamos os meses de mais actividade na biblioteca do noso centro: Abril, mes do libro,  coa importante celebración que nos espera para o día 23. E comezamos a pensar en Manuel María o poeta ao que nos entregaremos en corpo e alma para o vindeiro mes...



Por certo, xa arrancou o XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, unha cita obrigada e gratuíta para grandes e pequenos. http://www.pazodacultura.org/gl-ES/salon-do-libro/2016.aspx

E rematamos con música! Porque os luns sempre se levan mellor con boa música. 
Un saúdo dende o Equipo de dinamización da lingua galega.