Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

sábado, 18 de diciembre de 2010

A figura do tradicional Apalpador

Nas aldeas do Courel , existía a lenda do apalpador, aquí podedes ollar o libro pero mellor mercalo. O apalpador é o noso verdadeiro Papa Noël, sempre nos pasa o mesmo témos as nosas propias tradicións e esquecémolas polas de importación:

-"O Jalogüin" quere eliminar o noso Samaín.

- O próximo será a " Party Brown" no lugar do noso Magosto. O que nós espera....

martes, 14 de diciembre de 2010

Himno galego

A letra está enteira, íntegra, tal e como fora escrita por Eduardo Pondal e coas imaxes de Castelao, e da nosa terra.

Caraoque do Himno Galego

Escoita e canta seguindo a letra, aprenderas o noso himno.

O rap do galego

Versión rap de Curros Enríquez

Escoita a música moderna.

A nosa fala

A fala
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.
O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.
O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!
Manuel María (2001).

Eu falo en galego, e tí?

DEITADO FRENTE AO MAR...

"Lingua proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gusta,
porque me peta e quero e dáme a gaña;
porque me sae de dentro, alá do fondo
de unha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos avós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.
Eu fáloa porque sí, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
preto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada en outra lingua.
Non falo para os soberbios,
non falo para os ruíns e poderosos,
non falo para os finchados,
non falo para os estúpidos,
non falo para os baleiros,
que falo para os que aguantan rexamente
mentiras e inxustizas de cotío;
para os que súan e choran
un pranto cotián de bolboretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de todos os que sofren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada fronte ao mar, ese camiño..."

Curros Enríquez

lunes, 6 de diciembre de 2010

125 anos sen Rosalía, pero sempre no corazón.

O Ceip As Covas de Meaño polo 125 aniversario do falecemento de Rosalía de Castro, fixo unha gran festa onde as nenas e nenos de primaria recitamos poemas e escoitamos a Tino Baz, acompañando polos nosos mestres Paulo Nogueira e Alberto Giadanes.
A nosa lingua é o estandarte da nosa cultura, algo tan prezado coma calquera dos maiores tesouros, se a deixamos perder xa non seremos ninguén, nin pobo nin persoas, sen alma nin futuro.
Este tesouro que perdurou tantos séculos, transmitido de pais a fillos de forma oral, e escrita recolle as nosas esencias, costumes, sentimentos e mágoas. Xa só por respeto a aqueles que a transmitiron como a mellor herdanza, temos a obriga de perdurala e transmitila aos nosos heredeiros.
Foi moi emocionante e moi fermoso, era o mellor homenaxe a unha das nais da nosa lingua, Rosalía está viva en todos nós.

Rosalía estará sempre connosco: Fálame na lingua que eu falo, síntete orgulloso de quen és e de onde vés.