Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

martes, 29 de septiembre de 2015

Comezamos un novo camiño!



Despois de varios anos implantando seccións bilingües este ano xa formamos parte da rede centros plurilingües.



E que novos tempos esixen cambios importantes, e hoxe en día, o uso de inglés é unha competencia irrenunciable para o futuro das novas xeracións. Pero sempre dentro dun marco lingüístico que non rexeita a súa identidade: que fai da promoción do galego o noso esforzo principal e que asume o uso das linguas como a principalmente ferramenta de aprendizaxe.


Novos retos que, sen dúbida, enfrontamos coa maior das ilusións.
Un saúdo dende o Equipo de dinamización da lingua galega.



lunes, 21 de septiembre de 2015

Un novo curso!


Como foi ese verán? Moita praia? Xogar sen parar? Seguro que foron unhas semanas inesquecibles e cheas de moi bos momentos. Abofé que si!
Pero co mes de setembro xa toca despedir aos días de sol sen fin e coller o hábito de madrugar para volver á escola. Porque o curso 2015/16 xa está con nós e ven cheo de moitas actividades.
Este ano estaremos coa “Pintura” a tope, xa que será o tema de traballo para todo o ano. E non vos esquezades que dende o blog de galego non vos daremos nin un respiro. Actividades coa nosa lingua para todo o ano.

Saúdos e feliz comezo de curso!