Xa chegou a cita co noso “Outono
fotográfico”.
Nesta 4º edición seguimos co desexo de fomentar a creatividade dos vosos
fillos e fillas. Así que propoñemos que nos traiades fotos sobre esta época do
ano e que estas imaxes veñan acompañadas dun pequeno texto, onde se conte
porque se tomou ou mesmo cunha pequena poesía!
A actividade está aberta a todo o mundo (alumnado, familias, mestres…) e
poderanse entregar no formato que se considere mais apropiado. Con todas elas
faremos unha exposición na entrada do colexio, polo que deberán ir
identificadas para saber de quen é cada foto.
Esperamos
unha gran participación e aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial
saúdo,
O
equipo de dinamización da lingua galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario