Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

viernes, 19 de junio de 2015

Ollos de aula (Verán)

Xa casi poñíamos o cartel de "Vémonos en setembro" pero recibimos un novo e refrescante número da revista "Ollos de aula" e tivemos que compartilo.

Información de interese e calidade para familias inquedas. Que teñades un magnífico verán!
Saúdos!

Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015) by cendl

jueves, 18 de junio de 2015

Rematamos!

A piques estamos de rematar este curso 2014/15 e que mellor maneira de facelo con todo un Festival. Calorazo o que pasamos, pero incrible o ben que se portaron os rapaces. Aquí vos deixamos unhas poucas fotos desta xornada de festa e de despedidas.
E rematamos con unha aperta aos nosos alumnos de sexto cos que temos compartido tan bos momentos e ao seu titor; Pedro, dende o EDLG queremos mostrarte o noso recoñecemento, da gran labor realizada en prol da nosa lingua e na dirección desta escola. Moita sorte na túa nova etapa.

Feliz verán a todos e todas! E, coma sempre, se vedes que algunha foto non debería de estar na galería, avisádenos e se quita rápidamente.

viernes, 12 de junio de 2015

REVISTA BUXAINA

Xa temos o número 28, recen saído do forno. Unha ollada, con todo o noso afecto, a este curso que tan bos momentos nos deixou. Esperemos que vos guste tanto coma nós!


Un saúdo dende o Equipo de dinamización da lingua galega!


lunes, 8 de junio de 2015

XXII Carreira Escolar do Salnés

Metidos de cheo na recta final do curso, hoxe desprazámonos ata Portonovo para participar nesta Carreira Escolar de gran tradición e que tivo como lema 'En galego gañamos tod@s'.
Moita xente coñecida, alumnado de todos os centros da zona e unha proba esixente na que o calor aumentou a dureza do seu percorrido. Pero o mais importante foi a xornada de convivencia entre rapaces e rapaces compartindo un lema tan necesario como o desta edición.
Deixámosvos unhas poucas fotos; do noso equipo de corredores, do quecemento e do transcurso da proba que tan bos recordos nos ten deixado.
Un saúdo, e xa sabedes, as fotos igual que se poñen tamén se poden quitar, se considerades que algunha foto non debería de estar no blog, avisádenos e a eliminamos rapidamente.
O Equipo de dinamización da lingua galega.