Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

lunes, 20 de abril de 2015

Semana dos libros!

Pois si, achégase o 23 de abril, e celebraremos por todo o alto o Día do Libro porque para unha escola non hai maior satisfacción que ver aos seus alumnos ler e descubrir novas historias para compartir.

Nesta semana a biblioteca estará chea de actividades, citas, eventos e... libros! 
E coma xa sabedes, a música nunca falta, así que estade atentos, seguro que hai algunha sorpresa!.