Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

jueves, 19 de febrero de 2015

Fotos do Entroido!


Pois si, atrás quedou xa o Entroido. Unha semana de festa na que non faltou humor, retranca, diversión e algunha que outra sorpresa. O día grande estivo pasado por auga, pero non nos amedrentou: Plan B  e festa no pavillón.
A verdade é que o día resultou bastante mellor do que nun principio podíamos prever con tanta chuvia por diante. Unha vez mais a magnífica colaboración de todo o mundo foi clave para que saíra unha xornada tan redonda. Dende o EDLG quixéramos agradecer a todas as familias que estivéchedes atentas a subir as mesas, a organizar as merendas e a recoller todo o pavillón. Moitas grazas!
Igualmente, temos que recoñecer dun xeito especial a colaboración de Rafa Lores, José Rodríguez, Miguel Glaser e Jorge López que foron os sufridores que nos fixeron de Peliqueiro, Pantalla, Volante e Boteiro. E, como non, temos que rematar dándolle as grazas a Asociación cultural Xironsa Corvillón que fixeron un folión a altura dos mellores Entroidos que poidades atopar.
E agora, as fotos! Xa sabedes; esperamos que vos gusten, e as nosas desculpas por se nos quedou algún alumno/a sen retratar.
Saúdos dende o Equipo de dinamización da lingua galega.

miércoles, 11 de febrero de 2015

Celebrando o Entroido!

Pois si! Xa estamos na nosa semana grande do Entroido!

Nos recreos xa temos Peliqueiros, Pantallas e... mañá, o Boteiro de Vilariño de Conso. Seguimos a recuperar a esencia dos nosos Entroidos. De feito, este ano o disfraz será de "Choqueiro" (coma nos vellos tempos!).
O venres, será toda unha mañá de festa: comparsa, desfile, fariñada, merenda... E unha sorpresa que non vos podedes perder!

Esperámosvos! Contamos con vós para a festa mais sonora do ano, no faltedes!


domingo, 1 de febrero de 2015

Achégase o Entroido!



Pois si, xa estamos en febreiro y achégase o Entroido. Na semana do 9 ao 13 estaremos metidos de cheo, pero mentres, deixámosvos unhas pistas de por onde virá este ano o noso Entroido singular:

conso07-1


Mais pistas?  
(non o creo...)