Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

jueves, 29 de octubre de 2015

Samaín 2015

Día pasado por auga, mais da que nos tivera gustado; aínda así, a nosa festa das cabazas puido saír adiante.
Moitas grazas pola vosa participación, polo traballo realizado coas cabazas e nos fogóns para a merenda de outono e por acompañarnos nesta celebración.
Aquí xa temos unas poucas fotos desta xornada, esperamos que vos gusten. E ide preparando as castañas, que en breve os invitamos ao noso Magosto!

Saúdos dende o EDLG.

lunes, 26 de octubre de 2015

Samaín!



Esta semana toca... Cabazas e medos para celebrar o noso Samaín!

Recuperamos a vella festividade Celta, que vos deixamos moi ben explicada neste enlace: Samaín
E xa sabedes; o mércores traemos as cabazas á escola, para celebrar o xoves unha gran festa do Medo.


Contamos con todos vós! Saúdos.  


viernes, 16 de octubre de 2015

7º Outono Fotográfico




Caen as follas...
sinto unha cousa
que se apousa en min e non me toca.
E chove pra que eu soñe, pra que eu soñe,
fala a tarde baixiño”.
 (Uxío Novoneyra. “Caen as follas”)




Outono chegou e que mellor pretexto para sacar as cámaras de fotos e traer á escola un magnífico recordo desta época do ano.
A todos nos gustaría traer fotos como as de Elena Shumilova pero aínda que as nosas propostas sexa mais humildes, seguro que tedes moi bos momentos para compartir, animádevos!
Esperamos unha gran participación e aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo.