Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

lunes, 16 de septiembre de 2013

Comezamos!



Porque despois deste longo e fermoso verán, comezamos un novo curso con moitas ideas, ilusións aínda mais, profesorado... pois diso non andamos moi sobrados; pero tede por seguro que vamos a encher os meses de actividades onde o Galego vai a ser a nosa mellor ferramenta.
Un saúdo e prestade atención ao que ven!