Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

viernes, 18 de diciembre de 2015

Festival de Nadal

Quentiñas, quentiñas, aquí están as fotos do noso festival.
Como ben sabedes, ao estar o pavillón en obras a única opción que nos quedaba era a Casa da Cultura, pero creemos que o esforzo mereceu a pena. Puidemos compartir con todos vós o espíritu destas festas, e levarnos un gran recordo coas actuacións destes pequenos artistas.

Deixámosvos as fotos para compartir con aqueles que non puideron acudir e, coma sempre, se vedes que algunha foto non debería estar pública pois avisades e se retira o antes posible.

Un saúdo, e os nosos desexos de que teñades unhas datas moi entrañables, con moito tempo de xogo e un Feliz Aninovo!

Lecturas para o Nadal

Achéganse días de festa, de tempo de lecer e de regalos. Pois dende o Equipo de Biblioteca non deixaron escapar este tempo de lectura e fixeron un magnífico traballo: Un tríptico con suxerencias de lecturas para todos e todas. Xa nos contaredes cal vos gustou mais. Saúdos e felices festas!

lunes, 14 de diciembre de 2015

Rematamos o Outono Fotográfico



Achégase o inverno, e coa nova estación haberá que rematar o noso Outono Fotográfico. Estas semanas foron unha auténtica explosión  de cores. Así que moitas grazas pola vosa colaboración e por facer da nosa entrada un recuncho para perderse nesta marabillosa estación.
Un saúdo dende o Equipo de dinamización da lingua galega.