Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

lunes, 22 de diciembre de 2014

Bo Nadal!

Dende o blog do Galego tamén queremos desexarvos  unhas magníficas festas, que veñan cheas de bos momentos, e que o Aninovo comece da mellor maneira posible.

Deixámosvos unhas fotos do festival: xa sabedes, gustaríanos ter subido mais fotos, pero non é posible recoller todos os momentos e a todo o alumnado. Esperemos que vos guste esta pequena lembranza.
Saúdos e... Bo Nadal!

viernes, 19 de diciembre de 2014

jueves, 18 de diciembre de 2014

Calendarios do Amor!



Pois xa están rematados e listos para levar a imprenta. Un ano máis presentamos os calendarios cos que traballaremos durante todo o curso e que ilustran o proxecto que se está a desenvolver dende a biblioteca.
Esperamos que vos gusten tanto coma a nós, e recordámosvos que aínda estades a tempo para encargar unha copia.
Un saúdo e os nosos mellores desexos para estas datas tan especiais, que teñades unhas felices festas.

lunes, 8 de diciembre de 2014

Presume de GALEGO



Hoxe recollemos unha triste noticia: Segundo a ultima enquisa do Instituto Galego de Estatística (IGE), publicada fai tres días, só un de cada catro menores de 15 anos fala en galego habitualmente(…) Terrible, non?
Por sorte en Meaño falamos o galego a todas horas e moi ben! De calquera tema, e con esa marabillosa fonética que nos sae da gorxa. Por iso queremos presentarvos a campaña que estase a desenvolver dende a coordinadora de equipos de normalización lingüística: “PRESUME DE GALEGO”
Os que queiran participar deberán de falar dun dos seguintes temas (amizades, amor, deportes, familia, festas, historias-contos-lendas, internet, libros, lugares, mascotas, moda, motor, música, vacacións, viaxes, xogos). Aínda que tamén podería valer calquera outra proposta que consideredes de moito interese.
Gravarase a voz dos/as falantes coa maior calidade posible e cargaranse os arquivos de audio, preferiblemente en mp3 para compartir dentro deste proxecto.
Así que xa sabedes, animádevos! Contamos contigo!
Porque ti tamén tes dereito a presumir do teu >GALEGO<!