Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

lunes, 30 de enero de 2012

Día da Paz!


No día de hoxe celebrámolo Día da Paz. Unha xornada na que prestamos especial atención a un tema tan importante como o da educación en valores.
Puxemos os nosos mellores desexos nunha mensaxe que pedía Paz. Lemos poesías, e aprendemos que detrás do “Guernica”  hai unha triste ensinanza…
Pouco a pouco, e con accións como estas, pensamos que está nas nosas mans acadar unha sociedade menos violenta, mais xusta e respectuosa coas liberdades de cada un. 
Deixámosvos unha mostra dalgunhas imaxes desta xornada; xa sabedes, non estades todos e sentímolo moito… Esperamos que vos gusten!
día da paz

No hay comentarios:

Publicar un comentario