No día de hoxe celebrámolo Día da Paz. Unha xornada na que prestamos especial atención a un tema tan importante como o da educación en valores.
Puxemos os nosos mellores desexos nunha mensaxe que pedía Paz. Lemos poesías, e aprendemos que detrás do “Guernica” hai unha triste ensinanza…
Pouco a pouco, e con accións como estas, pensamos que está nas nosas mans acadar unha sociedade menos violenta, mais xusta e respectuosa coas liberdades de cada un.
Deixámosvos unha mostra dalgunhas imaxes desta xornada; xa sabedes, non estades todos e sentímolo moito… Esperamos que vos gusten!
día da paz |