Onte os cursos de 4º, 5º e 6º desprazamonos ata Pontevedra para participar na festa do Correlingua. Unha actividade que se está a realizar en diferentes vilas e cidades de Galicia, previa á celebración do Día das Letras Galegas, e que ten como finalidade reivindicar o dereito de medrar en galego a través do uso do noso idioma.
Houbo unha marcha simbólica polo casco vello, concerto, entrega de diplomas e libros para os centros participantes. E concluímos a xornada soltando uns globos que levaban as nosas palabras para dicir "O Galego está en nós"
Deixámosvos unhas fotos do día de onte. Coma sempre, se considerades que algunha foto non debería estar subida, polo motivo que sexa; avisade e se retirará o antes posible. Un saúdo dende o EDLG!
No hay comentarios:
Publicar un comentario