Dentro da celebración das Letras Galegas tivemos no día
de onte unha xornada moi especial. A nosa particular ruta ata os muíños de Lores,
onde nos esperaban avós, avoas e tamén algunha bisavoa; para contarnos contos
dos de sempre e algunha historia que aínda que o parecera, de conto non tiña
nada.
Xogos, merenda, e mais contos, en galego! Coas historias
cheas de retranca, humor e amor de “Tropa
de trapo”.
Unha día no que nos acompañaron os alumnos da Unitaria de
Xil, os mais pequenos da Galiña Azul e moitas familias que puideron achegarse a
compartir esta xornada na que as verbas de Manuel María soaron mellor que nunca:
“O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma,
a mais forte irmandade”.
Deixámosvos
unhas poucas fotos, esperamos que vos gusten. E, recordade, no caso de que
vexades algunha que non debería de estar compartida;
avisádenos que se retirará o antes posible.
Saúdos
dende o Equipo de dinamización da lingua galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario