Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

lunes, 8 de junio de 2015

XXII Carreira Escolar do Salnés

Metidos de cheo na recta final do curso, hoxe desprazámonos ata Portonovo para participar nesta Carreira Escolar de gran tradición e que tivo como lema 'En galego gañamos tod@s'.
Moita xente coñecida, alumnado de todos os centros da zona e unha proba esixente na que o calor aumentou a dureza do seu percorrido. Pero o mais importante foi a xornada de convivencia entre rapaces e rapaces compartindo un lema tan necesario como o desta edición.
Deixámosvos unhas poucas fotos; do noso equipo de corredores, do quecemento e do transcurso da proba que tan bos recordos nos ten deixado.
Un saúdo, e xa sabedes, as fotos igual que se poñen tamén se poden quitar, se considerades que algunha foto non debería de estar no blog, avisádenos e a eliminamos rapidamente.
O Equipo de dinamización da lingua galega.


No hay comentarios:

Publicar un comentario