Xa casi poñíamos o cartel de "Vémonos en setembro" pero recibimos un novo e refrescante número da revista "Ollos de aula" e tivemos que compartilo.
Información de interese e calidade para familias inquedas. Que teñades un magnífico verán!
Saúdos!
Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

Moi bo o texto da portada (de seguro que vos copio un anaco para utilizar en paparroda.blogspot.com) Noraboa, felicítovos polo traballado que tendes o blog. Encántame a imaxe GIF do muñequiño coa nosa bandeira, podías mandarmo a toutonplace@gmail.com ??? Gracias.
ResponderEliminar