...No CEIP de Meaño As Covas!
Pois si, porque aínda que todos os días temos bos motivos para celebrar o viva que está a nosa lingua. Nesta semana dedicámoslle unha especial atención: recordando os libros preferidos que se tiveron lido... Cunha sesión de contacontos entre o noso alumnado... Con xogos tradicionais galegos... e con música!
Gran xornada a de hoxe, ruta ata os muíños de Lores, xogos, merenda e actuación de Ce orquesta pantasma!
Deixámosvos unhas coleccións de fotos destas dúas xornadas. Esperamos que vos gusten e se considerades que algunha non debería de estar ahí, pois nos avisades e se retira da galería rapidamente.
Un saúdo, e feliz 17 de Maio!
Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario