Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

lunes, 4 de mayo de 2015

Celebrámolos Maios

Pois si, ata o tempo acompañou. Unha xornada de celebración floral e da chegada da primavera, onde as coplas puxeron a crítica necesaria e as claves o ritmo para cantalas.

Deixámosvos unhas fotos do que foi o transcurso da mañá e da celebración en si.
(Coma sempre: se pensades que hai algunha foto que non debería estar no blog, nos avisades e se quita sen problema). Saúdos dende o EDLG!

No hay comentarios:

Publicar un comentario