Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

domingo, 22 de abril de 2012

23 de abril


Mañá, 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro.
Esta xornada ten como finalidade promover o libro como eixe da nosa cultura, xa que historicamente os libros foron o modo de transmitir os coñecementos e unha ferramenta esencial no noso enriquecemento como persoas.
 Curiosamente este mesma data coincide co aniversario do pasamento de dúas referencias obrigadas na literatura: Cervantes e Shakespeare (se ben hai algunhas diferenzas entre os calendarios que se empregaban na Inglaterra e en España). Máis información sobre o Día do Libro aquí.

 
Nós tamén quixemos participar desta celebración:
Comezamos a fin de semana co recordo de historias remotas, as que nos deixou o magnífico contacontos “Mario Tomás”
O luns teremos maratóns de lecturas e algunha sorpresa máis…
E, dende hoxe ata a Semana das Letras Galegas, poñemos en marcha o noso 1º Certame Literario: unha invitación á escritura. Queremos ler e ver os vosos contos e queremos que todo o Centro respire o aire das vosas historias. Animádevos e estade atentos ao blog!

No hay comentarios:

Publicar un comentario