Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

martes, 27 de marzo de 2012

LinguaGalega.TV


Hoxe presentámosvos un novo espazo web:


Unha iniciativa que parte co fin de promover e difundir a lingua galega. Atoparemos contidos televisivos que acheguen a cultura galega así como o uso e coñecemento da nosa lingua. 
Teñen vídeos sobre o Galego na música, na poesía ou no cine.

Esperamos que vos guste!



Promo da nosa canle from Lingua Galega TV on Vimeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario