A pesar de tódolos recortes que estamos a sufrir, nós non
paramos. E xa estamos cunha nova actividade: As nosas Cantigas de Peto.
Esta actividade ten como finalidade a recuperación dunha
das nosas tradicións máis propias; o feito de cantar e compartir momentos de
ledicia coa nosa lingua presente.
Partiremos da “Rianxeira” pasaremos por “Catro vellos...”
e así mes tras mes, iremos aprendendo cantigas que forman parte da nosa
cultura.
Xa sabedes! Os últimos venres de cada mes tedes unha cita
coa música de sempre. Ás dúas menos dez estades todos invitados: a cantar, a
tocar ou simplemente a ver o ben que o pasamos. Animádevos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario