“Polos
altos do pousadoiro
anda
unha nena cun zoscadoiro
para
zoscarlles ó vento nordés,
porque
lle puxo o paraugas do revés
e
mollouna todiña,
da
cabeza ós pés”.
(XOAN
BABARRO “Ten , ten a miña caseta…” Árbore. Galaxia)
Xa temos en marcha o noso 3º Outono fotográfico. Unha iniciativa que tenta fomentar a expresividade e a creatividade do noso alumnado. Pódense traer fotos que ilustren esta época do ano, pero han de vir acompañadas dun pequeno texto onde se conte porque se tomou... ilustrando a mesma... ou mesmo cunha pequena poesía.
Animádevos! Con todas elas faremos unha gran exposición na entrada do colexio. Estades todos invitados a participar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario