O Ceip As Covas de Meaño polo 125 aniversario do falecemento de Rosalía de Castro, fixo unha gran festa onde as nenas e nenos de primaria recitamos poemas e escoitamos a Tino Baz, acompañando polos nosos mestres Paulo Nogueira e Alberto Giadanes.
A nosa lingua é o estandarte da nosa cultura, algo tan prezado coma calquera dos maiores tesouros, se a deixamos perder xa non seremos ninguén, nin pobo nin persoas, sen alma nin futuro.
A nosa lingua é o estandarte da nosa cultura, algo tan prezado coma calquera dos maiores tesouros, se a deixamos perder xa non seremos ninguén, nin pobo nin persoas, sen alma nin futuro.
Este tesouro que perdurou tantos séculos, transmitido de pais a fillos de forma oral, e escrita recolle as nosas esencias, costumes, sentimentos e mágoas. Xa só por respeto a aqueles que a transmitiron como a mellor herdanza, temos a obriga de perdurala e transmitila aos nosos heredeiros.
Foi moi emocionante e moi fermoso, era o mellor homenaxe a unha das nais da nosa lingua, Rosalía está viva en todos nós.
Foi moi emocionante e moi fermoso, era o mellor homenaxe a unha das nais da nosa lingua, Rosalía está viva en todos nós.
Rosalía estará sempre connosco: Fálame na lingua que eu falo, síntete orgulloso de quen és e de onde vés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario