Comezamos o ano cunha boa noticia para a nosa lingua: Despois do dicionario da Real Academia Galega xa contamos cun novo recurso, o Dicionario de Galego que pon en servicio a Xunta de Galicia a través da web http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php
Un valioso recurso, xa que ademais dos contidos léxicos poderedes atopar funcións de sinónimos, equivalencias con outras linguas ou mesmo acceso ás formas incorrectas. Vamos, unha excelente ferramenta para difundir a nosa riqueza lingüística e cultural.
Un saúdo, dende o Equipo de dinamización da lingua galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario