Estimadas familias, a semana que ven
chega o Entroido ao noso colexio; sendo o venres 5 o día grande
desta celebración.
O luns comezaremos co noso
“Mandadiño”
que iranos dicindo como hai que vir vestidos durante estes días.
Recordade que son sempre ideas abertas e que o importante é
participar da troula destas datas.
LUNS: “O
luns, como a Gioconda,
trae unha melena longa”
MARTES: “O martes de Frida
Khalo, trae flores no
peiteado”
MÉRCORES: “ O
mércores toca A
última cea, así
que trae a barriga chea”
XOVES: “E
o xoves facemos un repaso... pinta na cara un Picasso”