Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.
viernes, 25 de noviembre de 2016
DÍA MUNDIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe, 25 de novembro, as nenas, nenos, nais, pais, profesoras e profesores do CEIP As Covas reunímonos para conmemorar o Día Mundial Contra a Violencia de Xénero.
Con este acto e esta pancarta queremos dicir que...
Ningunha persoa ten dereito a:
- Agredir a outra persoa, nin física nin psicolóxicamente.
- A forzar a ninguén a facer algo que non quere.
- A discriminar a ningunha persoa por mor do seu xénero.
Todas as persoas temos dereito a:
- Vivir unha vida libre sen abuso de poder.
- A contalo, cando sean vítimas de violencia ou abusos.
- A buscar apois e pedir axuda.
- A sentir e expresar medo, rabia, tristeza ou alegría.
Por último, queremos manifestar o noso compromiso de traballar para combatir a violencia contra as mulleres e calquer outro tipo de violencia.
NIN UNHA MENOS!!!
miércoles, 2 de noviembre de 2016
Samaín 2016
Pasou o días, pasou a romaría!
Despedimos xa o Samaín 2016, non sen antes agradecer a familias e alumn@s os riquísimos doces que achegastes e o traballo coas cabazas. Auténticas obras de arte!
Agardámosvos dentro de ben pouquiño co Magosto 2016!
Moitas grazas.
O EDNL
Despedimos xa o Samaín 2016, non sen antes agradecer a familias e alumn@s os riquísimos doces que achegastes e o traballo coas cabazas. Auténticas obras de arte!
Agardámosvos dentro de ben pouquiño co Magosto 2016!
Moitas grazas.
sábado, 8 de octubre de 2016
8º Outono Fotográfico
Ven onda nós o outono
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas,
estreando friaxe.
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas,
estreando friaxe.
Ana Mª Fernández.”Ondas de verde e azul”.
Pois sí, o Outono do 2016 xa está connosco e para quedarse
unha boa tempada.
Xa comezamos a ver algunhas
follas das árbores no chan ou como o as cores das nosas paisaxes mudan a tonos
avermellados e amarelos. Por outra
banda, en canto comece o frío e se acurten os días, algúns animáis comezarán
a migrar a sitios máis quentiños e outros a hibernar.
No CEIP As Covas, pola contra, non temos pensado movernos de
Meaño nin botar un soneca. Todo o contrario!
Por octavo ano consecutivo comezamos co “Outono Fotográfico” e
gustaríanos moito que sairades ao monte e nos trouxerades fotos de recordo con descripcións das mesmas para facer unha exposición na entrada da escola.
Animádevos!
domingo, 2 de octubre de 2016
Comezamos!
Un novo curso 2016-17 comeza, e con el, unha morea de actividades para seguir dándolle á lingua. Á nosa lingua.
Este ano entraremos de cabeza na Televisión e demostraremos que no CEIP As Covas a "caixa tonta" é máis lista que un allo! Así que lembrade... non cambiedes de canle!
Sáudos e feliz comezo de curso!
miércoles, 22 de junio de 2016
Felices Vacacións!
Pois si, chegou o verán e tamén as merecidas vacacións!
Dende o blog do Equipo de dinamización da lingua galega quixéramos darvos as grazas pola vosa colaboración, na organización de todas as actividades que se foron desenvolvendo a longo do curso e polo voso apoio.
Pero, sobre todo, pola gran labor que facedes na defensa da nosa lingua. Son moitas as cualidades que teñen os alumnos e alumnas do CEIP de Meaño As Covas, pero unha moi, moi especial é o ben que soa escoitalos falar en Galego; tamén en Castelán, e Inglés, e... pero esa primeira lingua que levan empeza a ser un tesouro que entre todos debemos mimar.
Así que moito verán, mais ocio activo e a gozar destas semanas sen os
horarios que o tempo de escola acaba impoñendo.
E non moito mais; pola miña parte despedirme, foi un pracer compartir estes
anos que me deron moi bos recordos e que, sen dúbida, tamén me fixeron crecer
como persoa. Unha aperta e ata sempre!
Pedro.
martes, 14 de junio de 2016
Revista Buxaina!
Con un pouco de atraso, pero xa chegou a nosa revista escolar Buxaina. Este ano de xeito monográfico a Manuel María: encrucillados, aspectos da súa obra e algún dos seus contos.
E non nos podemos esquecer da despedida do alumnado de 6º, fai pouco viñan da infantil e xa están marchando para o instituto (...)
Esperamos que vos guste a nosa revista escolar, tentaremos que nas clases teñades un exemplar para compartir nestes ultimos días do curso.
domingo, 12 de junio de 2016
Mini e Mero cantan con Nós a Manuel María
Hai anos nos que
a celebración das Letras Galegas permítenos coñecer con mais profundidade as obras
dos autores homenaxeados. Pasounos con Novoneyra, con Vidal Bolaño... e, claro,
neste 2016, tíñamos a Manuel María. Poeta, sobre todo; pero, sen dúbida, unha
gran referencia para a nosa cultura.
Tentamos
achegarnos á súa obra, aos seus contos, á súa vida. E que mellor modo de
concluír este curso que cantando os seus poemas con Mini e Mero, amigos
persoais del e que tan ben musicaron as súas verbas. Pois isto foi o que
aconteceu na nosa escola este venres: música, poemas e unha sensación de que se
estaba a vivir algo moi especial na defensa da nosa lingua.
Esperamos contar
en breve cos vídeos do que foi este encontro, pero, mentres, aquí vos queda unhas
poucas fotos da xornada. E a música? Iso o deixamos a gusto de cada uno, aínda
que vos podemos deixar unha proposta que sempre funciona: "O Carro"
Saúdos dende o
equipo de dinamización da lingua galega.
viernes, 10 de junio de 2016
Excursión a Santiago!
Intenso final de
curso o que estamos a ter. Onte foi un “clásico das excursión”; visita a
Santiago de Compostela, con ruta polos tellados da Catedral, visita didáctica
polo Museo de Pobo Galego e xogos a fartar nos Xardíns de Bonaval. Unha magnífica
xornada na que ata o tempo acompañou.
Deixámosvos unhas
cantas fotos, para que vexades o que foi a nosa incursión por Santiago. E, coma
sempre, se considerades que algunha imaxe non debería estar subida ao blog,
avisade que se retirará o mais axiña posible.
Saúdos!
miércoles, 1 de junio de 2016
Aprazamos a xornada con Mini e Mero
Como se soe dicir; problemas do directo!
Mañá enviarémosvos unha nota a todas ás familias coa nova data, pero lamentablemente este venres non haberá cancioneiro para recordar a Manuel María.
(Mais tempo para ensaiar, non?)
Un saúdo dende o equipo de dinamización da lingua galega.
Mañá enviarémosvos unha nota a todas ás familias coa nova data, pero lamentablemente este venres non haberá cancioneiro para recordar a Manuel María.
(Mais tempo para ensaiar, non?)
Un saúdo dende o equipo de dinamización da lingua galega.
domingo, 29 de mayo de 2016
O venres... Cantamos a Manuel María con Mini e Mero!
Pois nesta semana
rematamos o noso mes Das Letras Galegas e facémolo con música, porque Manuel
María é o poeta mais musicado da nosa lingua. Contaremos coa visita de Mini e
Mero, para facer da mañá do próximo día 3 un diálogo musical no que non faltará “O Carro”, “O aradiño” ou “O cuco”.
Gustaríanos que puiderades
participar todos e todas desta xornada pero a realidade é que estamos moi limitados
de espazo, así que se estades interesados en vir e cantar con nós,
agradecerémosvos que chamedes ao cole nestes días para confirmar a vosa
asistencia.
Un saúdo e
vémonos o venres!
Último día con Mark
Pois si, este
venres foi o derradeiro día de Mark na nosa escola. Durante estes dous cursos a
súa axuda foi un referente para todos, e permitiunos mellorar a nosa competencia
lingüística en inglés.
Temos que agradecerlle
a súa participación e a integración na vida do centro; de feito, posiblemente fale o mellor galego de toda
California.
O dito, foi un pracer contar
coa súa presenza na nosa escola e confiamos velo novamente nalgunha das nosas
actividades.
Moi boa sorte na
túa nova escola. See you soon, Mark!
sábado, 21 de mayo de 2016
Celebrando a Semana das Letras Galegas
Dentro da celebración das Letras Galegas tivemos no día
de onte unha xornada moi especial. A nosa particular ruta ata os muíños de Lores,
onde nos esperaban avós, avoas e tamén algunha bisavoa; para contarnos contos
dos de sempre e algunha historia que aínda que o parecera, de conto non tiña
nada.
Xogos, merenda, e mais contos, en galego! Coas historias
cheas de retranca, humor e amor de “Tropa
de trapo”.
Unha día no que nos acompañaron os alumnos da Unitaria de
Xil, os mais pequenos da Galiña Azul e moitas familias que puideron achegarse a
compartir esta xornada na que as verbas de Manuel María soaron mellor que nunca:
“O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma,
a mais forte irmandade”.
Deixámosvos
unhas poucas fotos, esperamos que vos gusten. E, recordade, no caso de que
vexades algunha que non debería de estar compartida;
avisádenos que se retirará o antes posible.
Saúdos
dende o Equipo de dinamización da lingua galega.
lunes, 9 de mayo de 2016
Semana das Letras Galegas
Comezamos a
Semana das Letras Galegas. Aínda que, en realidade, levamos xa moito tempo
celebrando as obras que nos deixou Manuel María: proxectos de traballo,
obradoiros de poesía e incluso exposicións itinerantes; como a que tivemos a
pasada semana no noso centro. Unha mostra de carteis – murais realizados polos
IES Francisco Asorey de Cambados.
Estade atentos ao
blog que en breve daremos mais información das actividades que imos a realizar.
Saúdos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)