Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

sábado, 7 de marzo de 2015

Día da Muller Traballadora

Coma todos os 8 de marzo, no CEIP de Meaño As Covas, non podíamos esquecer a celebración deste día; o día da Muller Traballadora:

Temos avanzado moito na igualdade efectiva entre homes e mulleres, pero a nosa sociedade aínda ten camiño por percorrer, coma na conciliación da vida laboral e familiar ou mesmo nos tempos que se lle dedican nos medios de comunicación. E por esta liña foi a actividade que desenvolvimos onte a ultima hora.

Aproveitando as agrupacións xa organizadas para o Día da Paz, levouse a cabo unha actividade entre os diferentes cursos, co fin de sensibilizar e mostrar roles que as mulleres desempeñan e que habitualmente non aparecen reflectidas nos medios de comunicación: grandes deportistas, investigadora, directivas de distintas empresas ou mesmo drixentes políticas nos diferentes gobernos.
Deixámosvos algunhas fotos desta celebración,
Un saúdo dende o EDLG.


No hay comentarios:

Publicar un comentario