Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

martes, 21 de octubre de 2014

6º Outono Fotográfico

“Ven onda nós o outono
dacabalo do aire;
nos camiños da fraga
os ourizos xa abren.
Síntoo chegar contento
da eterna viaxe
enredando entre as follas,
estreando friaxe”.

 (ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de verde e azul”.Xerais)

Estimadas familias, un ano mais, damos comezo ao noso “Outono fotográfico”:
Nesta, 6º edición mantemos o espírito de fomentar a creatividade dos vosos fillos e fillas. Así que propoñemos que nos traiades fotos sobre esta época do ano, e que estas veñan acompañadas dun pequeno texto onde se conte porque se tomou, que vos chamou a atención ou mesmo cun poema.
A actividade está aberta a toda a comunidade educativa (tanto alumnado, coma familiares e mestres) e poderanse entregar no formato que mais vos guste. Con todas elas farase unha exposición na entrada do colexio, polo que non vos esquezades de poñerlle o nome para saber de quen é cada foto.
Esperamos unha gran participación e aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial saúdo,


O equipo de dinamización da lingua galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario