“Ven
onda nós o outono
dacabalo
do aire;
nos
camiños da fraga
os
ourizos xa abren.
Síntoo
chegar contento
da
eterna viaxe
enredando
entre as follas,
estreando
friaxe”.
(ANA Mª FERNÁNDEZ.”Ondas de
verde e azul”.Xerais)
Estimadas familias, un ano mais, damos comezo ao noso “Outono fotográfico”:
Nesta, 6º edición mantemos o espírito de fomentar a creatividade dos
vosos fillos e fillas. Así que propoñemos que nos traiades fotos sobre esta
época do ano, e que estas veñan acompañadas dun pequeno texto onde se conte
porque se tomou, que vos chamou a atención ou mesmo cun poema.
A actividade está aberta a toda a comunidade educativa (tanto alumnado,
coma familiares e mestres) e poderanse entregar no formato que mais vos guste.
Con todas elas farase unha exposición na entrada do colexio, polo que non vos
esquezades de poñerlle o nome para saber de quen é cada foto.
Esperamos
unha gran participación e aproveitamos a ocasión para enviarlles un cordial
saúdo,
O
equipo de dinamización da lingua galega.