Moitas veces, tivemos que escoitar: “ El gallego no és una lengua”, "El gallego no és una lengua científica", “ Con el gallego no vas a ningún lado”....
O galego é a miña lingua, a dos meus pais e a dos meus avós, a dos meus devanceiros, e polo tanto será a dos meus fillos. A lingua dos arrolos, a das verbas xeitosas cheas do agarimo dunha nai polos seus fillos.
Quero aplicar a miña ciencia á lingua, para pintar a face do noso maior ben colectivo, a nosa mellor herdanza, a mellor tarxeta de presentación dun pobo: a lingua galega.

miércoles, 17 de septiembre de 2014

Concerto didáctico!

No día de onte, a Escola de Música Municipal de Meaño fíxo unha visita ao noso centro para ofrecernos un magnífico concerto didáctico.
Moita xente coñecida nesta banda; dende antiguos alumnos, ata novos valores que aínda están polo noso centro. Toda unha experiencia, que alegrou a mañá e puso moi boa música entre nós.
Saúdos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario